lunes, septiembre 23, 2013

NOVO PRESIDENTE LOCAL DO PP EN PEREIRO DE AGUIAR

Manuel Doval Soto, teniente de alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar, foi elixido novo presidente local do PP co 100% do apoio dos compromisarios nun Congreso Local. Á cita congresual acudiron un centenar de persoas, entre militantes, afiliados e simpatizantes do PP. Manuel Doval agradeceu no seu discurso o apoio e a confianza depositada nel e tivo un recordo emocionado para as víctimas do accidente ferroviario de Angrois, motivo polo que se aplazou a celebración do Congreso, previsto inicialmente para finais de xullo, traxedia que afectou a veciños de Pereiro de Aguiar. Manuel Doval manifestou o seu orgullo de pertencer ao PP, xa que considera que "é o partido que mellor conecta coa realidade das persoas. O respeto ás persoas, a humildade e o traballo diario serán sempre o noso buque insignia. Nós estamos para escoitar e dar resposta sempre aos nosos veciños, porque creemos que o máis importante é dignificar a política, algo que para nós non é difícil porque actuamos sempre con coherencia". Por último, sinalou que dende o partido sempre apoiará á acción de goberno municipal, poñéndose como reto para os vindeiros anos aumentar a base de militantes e simpatizantes do PP e fomentar a cooperación entre administracións, para dar saída a proxectos tan importantes e necesarios como o Transporte Metropolitano ou a mellora en infraestruturas. Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o acto, e salientou na súa intervención que o apoio unánime e sen fisuras do novo resposnable local é un claro síntoma da boa saúde coa que goza o PP no Concello de Pereiro de Aguiar, onde elección tras elección os veciños e veciñas deste municipio amosan o seu apoio maioritario ao Partido Popular, "e a nosa obriga é corresponder a esta confianza pensando sempre nos cidadáns e no xeito de contribuir a mellorar día a día o benestar na nosa sociedade". Tamén abrdou Manuel Baltar a necesidade de reforzar a cooperación entre administracións, "o cal redundará nunha maior eficiencia dos servizos públicos e, por ende, da calidade de vida dos nosos veciños".

No hay comentarios: