lunes, septiembre 30, 2013

NOVO PRESIDENTE LOCAL DO PP DE COLES

Luis Antonio Iglesias Fernández, portavoz do grupo municipal do PP en Coles, foi elixido novo presidente local desta localidade co 100% dos sufraxios emitidos polos compromisarios. Este Congreso Local do PP foi o último dos fixados no mes de setembro pola Provincial. O recién elixido presidente local manifestou o seu orgullo de formar parte do PP de Ourense, "unha formación política que me vai demostrando día a día que é un partido que mira ao futuro, a diferencia de outros que continuamente nos recordan o negativo do pasado. A nosa preocupación está en fixar o obxectivo de futuro para mellorar o presente". Tamén salientou Luis Antonio Iglesias que a situación actual de crise, non só económica, "require de equipos con persoas e propostas creíbles, realizables e ilusionantes e que requiren de firmeza, rigor e claridade de ideas ante as importantes responsabilidades que temos que asumir. Non podemos perder nunca a ilusión nin a fe". No tocante a Coles, dixo que este municipio "ten ante si grandes retos, e alguén ten que empezar de novo a levalos a cabo ou esixir que se fagan, e quen mellor que un equipo ilusionado como é o do PP, con persoas xóvenes e sobradamente preparadas, así como cun longo camiño por diante". Pola súa banda, Manuel Baltar, encargado de pechar o Congreso Local, agradeceu o compromiso adquirido pola nova executiva local de Coles, sinalando a importancia de volver a recuperar e ilusionar aos votantes deste municipio, aumentando o contacto con eles "porque nos debemos aos veciños e eles son a nosa máxima prioridade. Falar con eles, e sobre todo escoitalos e solucionar os seus problemas, é o noso principal obxectivo", recalcando tamén a importancia de manter diálogo fluido con asociacións, colectivos, exentes sociais e, sobre todo, cos xóvenes, "porque nesta época dura na que nos atopamos, é onde temos que demostrar a política con maiúsculas".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Un tío joven... asco da Feijoo, Baltar, Rueda, etc..