lunes, septiembre 16, 2013

NOVA EXECUTIVA NO PP DE SARRIA

José Antonio García renovou a presidencia do PP de Sarria, que leva ostentando dende o ano 2008, e ao fronte do cal recuperou á alcaldía nas municipais de 2011, tras acadar unha maioría absoluta nas urnas. Os militantes sarrianos do PP depositaron de novo a súa confianza no que é o actual rexedor do municipio durante o transcurso do congreso celebrado o pasado viernes no hotel Alfonso IX. José Antonio García continuará a dirixir as rendas do partido durante os próximos anos, camiño durante o que o José Manuel Barreiro, lle vaticinou os mellores dos resultados froito dun traballo constante e implicado cos veciños. José Antonio García presidirá unha candidatura integrada por un total de trinta membros, variada e coa que dá atención tanto aos diferentes sectores do municipio como das parroquias. Deste xeito, figuran como membros da xunta directiva, con cargo de vogais, os seguintes nomes: Antonio López Rodríguez, Francisco Pérez González, Mariana de Jesús Fernández Castro, Manuel Sangil Iglesias, Manuel Valiña López, Patricia Castro Tejada, Noelia Díaz Bruña, Luís Álvarez Rey, Jorge Campos Díaz, Eliseo López Paramo ou Jesús Valcarcel Pallares. Unha lista que inclúe tamén a Carlos López Fernández, Cruz Castro López, Ismael Torres Balboa, Simeon Alfonso Gonzales Santiago, Victoria López Diaz, Carlos Alvarez Tejedor, María Teresa Limerez Darriba, Diego Fernández Álvarez e Belén Golas Armesto. En canto aos membros natos, están Fernando Carlos Rodríguez, Jaime Íñiguez Martínez e Mario Castro Díaz de Novas Xeracións do PP local.

1 comentario:

manto dijo...

noraboa a José Antonio e o seu equipo