lunes, septiembre 23, 2013

III CONVENCION DOS MILAGROS

A III Convención de Cargos Públicos do PPOU, nos Os Milagros, cita tradicional dos populares ourensáns que da inicio á apertura do curso político celebrouse esta fin de semana. Logo da agarimosa benvida do alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, aos varios centos de asistentes, cargos públicos, militantes, afiliados e simpatizantes, tomaron a palabra José Luis Ferro, alcalde de Celanova; Gabriel Alén, alcalde de Cenlle; Luz Doporto, voceira de Allariz; Plácido Álvarez, portavoz do PP na Deputación de Ourense e alcalde de Muiños; e Cristina Romero, deputada autonómica e voceira do PPOU. Tralos relatorios, Manuel Baltar, recalcou que a convención foi, sen dúbida, a cita política por excelencia da provincia e de todas as forzas políticas. Fixo Manuel Baltar un símil escolar, sinalando que son moitos os profesores que nos avalían cada ano, sendo os exames as citas electorais, onde o PPOU sigue mellorando resultados comicio tras comicio. Eso se conquire "porque o PP de Ourense conta cos mellores equipos, eses que saben que hai que estar coa xente para escoitar e das respostas. Son os alcaldes e alcaldesas, así como os voceiros, os principais activos". "A política non se vai de vacacións, e o PP traballa día a día, organizando o partido a nivel provincial, con diversos congresos locais. Outros partidos están a outras cousas. Hai que extremar a cercanía, falar está ben, pero escoitar é moito mellor", sinalou Manuel Baltar. Tamén amosou o agradecemento a todos os homes e mulleres que traballan día a día, orgullosos de pertencer ao PP nestes tempos difíciles. "Hai que ter ideas e poñelas en práctica: programas electorais e feitos. E tamén que a época de crise é o gran momento da política en maiúsculas, con sentido común e realismo". Aínda que o momento economico actual é difícil, recoñeceu Manuel Baltar os esforzos do Goberno en Madrid e do Goberno Autonómico, así como o traballo diario máis en clave provincial, dos alcaldes e dos membros do goberno provincial. Queremos unha Galicia vencellada á terra, que non sexa limitadora nen intransixente. Concluiu Manuel Baltar dicindo que "Hoxe, reafirmamonos no noso compromiso con Ourense e con Galicia". Feijóo, foi o encargado de dar peche á convención.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿No desapareción ninguna cartera?

Anónimo dijo...

La tuya mientras paseabas, desapareció?

Anónimo dijo...

Non home, non! Seguro q mentres emborrachabase quitaronlla. E agora acordase dela.