martes, septiembre 24, 2013

CONGRESO LOCAL DO PP DE O VICEDO

O PP de O Vicedo celebrou esta fin de semana o seu congreso local, onde, José Jesús Novo Martínez, foi reelexido presidente. Foron os afiliados e militantes do PP neste concello mariñán, os que de xeito directo, decidiron que Novo Martínez, único candidato que se presentou a dirixir o partido a nivel local, continuase liderando esta agrupación, un cargo que viña exercendo dende 2007, ano no que se constituíu o último comité local. No comité que preside José Jesús Novo Martínez, figuran: como secretario, Francisco Javier García; como tesoureiro: Juan José Ruíz-Giménez; e como vocais: Vicente Riveira, José Luis Fernández, María del Pilar Otero, José Leopoldo Sequeiro, José Carreja, María Mercedes Beceiro, María Faustina Solloso, José Trasancos, Ramón Couto, José Ángel Canoura e Antonio Polo. Por outra banda, José Manuel Barreiro destacou o traballo que José Jesús Novo Martínez está a desenvolver ao fronte da alcaldía coma ao fronte da agrupación local e afirmou que “e un exemplo de persoa traballadora e comprometida cos seus veciños”.

No hay comentarios: