lunes, julio 01, 2013

UNHA PROMESA CUMPLIDA

Case catro meses despois, Manuel Baltar cumpriu a súa promesa de publicar os bens dos membros do comité de dirección do PP ourensán. Manuel Baltar prometera facelo cando foi reelixido para o cargo no congreso celebrado o pasado mes de marzo. As declaracións de bens xa están colgadas na web do partido (www.ppou.es). Alí pódense consultar as propiedades e ingresos dos 22 membros do comité de dirección, entre os que está varios alcaldes, senadores, deputados provinciais, autonómicos e nacionais. Esta acción súmase á sinatura que o pasado día 16 de marzo suscribiron tódolos membros do Comité Executivo: unha Carta de Compromisos con obrigas éticas e deontolóxicas, un documento que deberá ser asinado tamén polos militantes populares cando integren unha candidatura electoral ou asuman un cargo público.

No hay comentarios: