jueves, julio 11, 2013

UNANIMIDADE: ALMUNIA NON PODE PECHAR O NAVAL GALEGO

Pedro Puy amosou en Nome do PP de Galicia a súa satisfacción pola declaración institucional aprobada onte, de xeito unánime, na Deputación Permanente en defensa do sector naval galego, nun momento relevante xa que hoxe terá lugar en Bruxelas a reunión entre o comisario da Competencia, Joaquín Almunia, o ministro de Industria e os presidentes das comunidades de Galicia, Asturias e o País Vasco. Pedro Puy fixo un repaso desde a aplicación do réxime fiscal do tax lease no ano 2002 ata a actualidade, con referencias á apertura de expedientes tanto a Francia como a España e a autorización de novos beneficios fiscais a España por parte da Unión Europea. “A devolución das axudas directas concedidas a través do tax lease desde o ano 2005 sería un drama e suporá a práctica desaparición do sector naval galego”, sinalou o portavoz popular. Neste sentido, apuntou que a devolución de máis de 2.800 millóns de euros por parte do sector naval español “ten un claro beneficiario: os competidores dos estaleiros galegos”. “A posición galega e española ten argumentos xurídicos sólidos”. En concreto, citou o principio de seguridade xurídica, respaldado por unha carta da propia comisaria Neelie Kroes de 2009 que avalaba o tax lease ao non atopar indicios de discriminación, así como no propio Estado de Dereito de Europa, como mesmo se recolle na xurisprudencia do Tribunal Constitucional de España e Alemaña. Pero tamén fixo referencia ao principio de proporcionalidade, xa que non se pode impoñer unha sanción a un sector que supón a perda de 87.000 postos de traballo a nivel nacional. Dende o PP galego quixeron salientar que a Xunta leva investidos máis de 80 millóns de euros no sector naval, ao tempo que destacou actuacións concretas para reflotar PYMAR, apoiar a formación dos traballadores do sector naval, as axudas para a subsistencia de Vulcano ou Factoría Naval de Marín e as negociacións levadas a cabo en diversos ámbitos para a consecución de carga de traballo. Ata o punto de que os propios socialistas acusaron a Feijóo de actuar de comercial de Navantia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Lo del socialismo y el sector naval ya es viejo: hubo un señor, que era Ministro de Felipe González, que se llamaba Carlos Solchaga, que arruinó al sector en los años 80. Por si no fuera suficiente, ahora nuevamente otro señor, que fué también Ministro de Felipe, y que se llama Joaquín Almunia, que quiere colocarle la lápida al sector para dejarlo definitivamente no sólo muerto, sino también enterrado.

Anónimo dijo...

No sé qué pasa con el socialismo y el sector naval. Primero, en los años 80, un Ministro de Felipe González llamado Carlos Solchaga, realizó una reconversión salvaje en Galicia. No lo hemos olvidado. Y ahora, otro ex-Ministro de Felipe, llamado Joaquín Almunia, pretende colocarle una lápida por encima al sector naval. Una desgracia tener a estos ciudadanos al frente de algo.