miércoles, julio 03, 2013

UN BO DATO QUE ALMUNIA PODE ESTROPEAR

Galicia reduciu en 60 días case o mesmo número de parados que o socialista Joaquin Almunia ameaza con crear con só premer un botón. Así se expresaba Paula Prado, tras coñecerse que Galicia rexistrou no mes de xuño a maior baixada do paro no que vai de ano, que se suma ás rexistradas nos tres meses anteriores. Galicia amosa mellor comportamento na evolución das cifras do paro que España, xa que rexistrou en xuño unha baixada do 3,68% fronte ao 2,60% rexistrado a nivel estatal. No relativo aos datos interanuais, trátase da mellor evolución desde o ano 2007, posto que se rexistra un aumento do 1,57%, o que se traduce en 4.231 parados máis. Isto supón mellorar en máis de 13,5 puntos a interanual que se rexistraba no mes de xuño do ano pasado, cun aumento do 15,26%. A baixada e unha boa nova que pode verse ameazada non só por un contexto global de crise senón tamén por decisións arbitrarias como a que ameaza con tomar o comisario europeo socialista, Joaquin Almunia con respecto ao tax lease. Así, as baixadas de xuño, con 10.452 persoas desempregadas menos, e de maio, con 6.573 parados menos, poderían estar comprometidas pola intención do comisario de enterrar 14.000 postos de traballo vinculados ao sector naval. Almunia pretenda cebarse con España en xeral e con Galicia en particular só podería entenderse desde o punto de vista dunha persoa que queira vingarse nas carnes deses 14.000 empregados do naval polos máis de 1.266.000 votantes que non lle deron o seu voto na comunidade nas eleccións á Presidencia do Goberno no ano 2000. A Joaquín Almunia non lle pediden dende o PP patriotismo, só xustiza e que aplique en España as mesmas decisións que adoptou para outros países da Unión Europea, como Francia. Xerar emprego costa moito no actual contexto pero destruílo moi pouco e con só premer un botón o comisario pode botar po terra os esforzos de todo un país ademais dunha prolongada traxectoria de construción naval en Galicia. Non obstante, Feijóo a pesar de que estamos ante datos positivos, pensa que hai que seguir sendo prudentes posto que aínda quedan familias que sofren a lacra do desemprego e ás que hai que ofrecerlles oportunidades de futuro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

De sobra sabeis que son emigrantes.