miércoles, julio 03, 2013

SINCERA HOMENAXE EN FORCAREI

Na ultima Xunta Directiva Provincial do PP de Pontevedra reunida en Forcarei se fixo unha sincera homenaxe a dous dous seus alcaldes falecidos en 2012, David Raposeiras, alcalde de Forcarei desde 1999 ata 2012 e Jorge Domínguez, alcalde de Meaño desde 1991 ata o pasado ano. Á xuntanza celebrada no restaurante París, acudiron ademais de todos os membros do PP Provincial de Pontevedra, Feijoo e Alfonso Rueda, a alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, así como as viúvas dos alcaldes homenaxeados, Ana María Canabal e Carmen Pérez. Durante a reunión proxectouse un emotivo vídeo no que se recollían imaxes do percorrido político de Raposeiras e Domínguez, e entregouselles ás viúvas unhas fotos de recordo en nome de toda a Directiva Provincial. Rafael Louzán, rememorou con cariño aos dous alcaldes, de quen dixo que pervivirán sempre na memoria de todos os seus compañeiros de partido, por ser un exemplos de entrega aos seus veciños e amor polo seu pobo. Despois do acto, todos os compañeiros de partido acudiron xunto coas familias ao acto homenaxe, organizado polo Concello, no que se declarou a David Raposeiras, alcalde honorario de Forcarei, por acordo plenario unánime.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sí, Raposeiras querí "moito" a Louzán...