jueves, julio 04, 2013

PESAME POR MONCHO ABAL

Rafael Louzán, amosou o seu pesar polo pasamento do que fora histórico alcalde de Cotobade, José Ramón Abal Varela, que finou esta semana aos 93 anos de idade. Louzán quixo transmitir o seu máis sentido pésame á familia de Moncho Abal, tanto no seu propio nome como no de todos os que integran a directiva do PP provincial. "Todos sentimos profundamente a perda dun home que, malia superar xa os 90 anos, sempre estivo aí, coa súa xente, cos seus veciños, pero tamén con este partido". "Foi un verdadeiro home de partido". Louzán incidiu en que Moncho Abal foi un home “querido e respectado, que sempre soubo estar á altura das circunstancias e que quedará na memoria de todos nós como un exemplo de como exercer a política desde a cercanía, nunha relación directa e persoal cos administrados". Salientando que "dedicou toda a súa vida a traballar polos veciños e veciñas de Cotobade", sendo durante 32 anos alcalde desta localidade, sendo, ademais, un dos rexedores con maior apoio de Galicia. Louzán lembrou que Moncho Abal "soubo gañarse o cariño do seu pobo polo seu carácter afable, campechano e aberto", características que soubo manter ao longo de toda a vida. Alcalde desde 1971 ata 2003, Moncho Abal tamén foi deputado provincial, mantendo sempre unha gran implicación coa sociedade non só de Cotobade, senón tamén da cidade de Pontevedra, pola súa vinculación co mundo do deporte. José Ramón Abal será soterrado hoxe xoves pola tarde en Tenorio.

No hay comentarios: