martes, julio 02, 2013

O PP DE VALADOURO MAIS VIVO QUE NUNCA

Jose Manuel Lamela, exalcalde do Valadouro, aspira a seguir liderando o PP local tras ser o único candidato en optar oficialmente ao cargo, unha vez que rematou o prazo de presentación de candidaturas. A súa reelección, sempre que obteña o respaldo dos militantes, terá lugar o próximo venres 5 de xullo, na Casa da Cultura do Valadouro. Jose Manuel Lamela, nado no Valadouro en 1953, é un político cunha longa traxectoria na responsabilidade e xestión municipal xa que logo é concelleiro polo PPdeG nesta localidade desde o ano 1999. Mestre Industiral, nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Valadouro e, logo de obter este importante apoio veciñal foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En xuño de 2013 foi desprazado da alcaldía por unha moción de censura. Ao cogreso local están chamados os militantes do partido que poderán escoller de xeito directo á nova dirección dos populares do Valadouro. Lamela estará respaldado no Congreso por Jose Manuel Barreiro e Jose Manuel Balseiro, ademais doutros cargos públicos electos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Mais vivo? De viveza ou de vividores?