lunes, julio 01, 2013

O PP DE TABOADA COMENZA UNHA NOVA ETAPA

A casa da cultura de Taboada acolleu esta fin de semana o congreso local do PP. Un conclave no que o actual rexedor, Ramiro Moure, foi elexido presidente do PP neste concello chantadino. O recén elexido presidente, rexedor de Taboada, e coordinador territorial da comarca de Chantada, comezou o seu discurso felicitando ao presidente saínte, José Jesús Ramos Ledo, por tódolos seus logros e bo facer. Moure apostou pola unidade do partido e presentou o comité local entre os que figuran: presidente de honra: José Jesús Ramos Ledo; secretario xeral: Luis Gómez; secretarios de área: Isabel Fidalgo, Sonia Conde, Pedro Rodríguez; vocais: David Rodríguez; Jesús Ángel López; Jorge Sobrado; Dulce María Montes, Manuel Fidalgo, Plácido Moure, Luis Avelino Porto, Lorena García e Noemi Fernández.

No hay comentarios: