martes, julio 23, 2013

O PP DE LUGO SUMASE A CAMPAÑA DA LOMCE

Baixo a premia de que “se non se transforma a sociedade e se implica a toda a sociedade, non poderemos transformar a Educación”, o deputado, Jaime de Olano, xunto co senador, Armando Castosa, explicaron en Vilalba que a nova Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) do Goberno central trata de mellorar a eficacia do sistema educativo baseándose nunha serie de piares fundamentais como son a cultura do esforzo, a calidade e a excelencia educativa; o mantemento e a atención á diversidade; a igualdade de oportunidades; e a liberdade de elección de familias, introducindo elementos de modernización. A reforma educativa que promove o Goberno de Rajoy motívase no desastre que nos deixou o PSOE nesta materia, esencial para o futuro dun país, e que nos levou a situacións insostibles que deixan sen opcións de futuro aos mozos de hoxe. Así, as últimas cinco leis de Educación aprobadas por gobernos socialistas deron lugar a “dramáticos logros” como son unha taxa de abandono educativo en idades temperás, en torno ao 25% fronte ao 13% da UE.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Rompe el carnet del PP, pásalo.

"Partido Podrido"

Anónimo dijo...

afíliate al psoe, o mejor a NOVA del viejo GAGÁ

pásalo

Anónimo dijo...

Cada uno tiene el carnet que quiere tener y se da de baja del mismo cuando lo estima oportuno. Pero no porque algún iluminado inicie una campaña que, tal vez, hará que se incremente el número de afiliados.

Anónimo dijo...

Eu non son membro do pp nin das súas novas xeracións, pero chámame moito a atencióna dobre moral dalgúns dos seus dirixentes. Fai pouco nunha reunión de representantes de estudantes da USC un compañeiro de económicas de Lugo díxome o que lle parecía a lei Wert, coincidindo conmigo na maior parte dos aspectos que eu coido son negativos (tamén ten algúns positivos todo hai que dicilo). Nembargantes veño de descubrir que ese mismo compañeiro é o xefazo de "educación e universidade" de NNXX de Lugo. un xefazo de nnxx que fora do seu entorno peperil (para integrarse ou porque realmente o cree) pon a parir a lei wert e ao goberno do pp, e ben ¿pódese ser así do pp? ¿cántos cachorros ten o pp que só están para figurar? fai pouco falábase de que no pp hai moitos fascistas, eu non o creo. teño amigos e amizades que son realmente do pp, boa xente, non coincido, pero boa xente. pero ¿porqué a xente que non cree en nada ou que non cree nas políticas do pp acaba no pp e cons postos executivos na súa organización? ¿é o pp o partido dos trepas? ¿cree o pp que así a xuventude vai velo doutra forma? ¿non cree o pp que o seu modelo de xuventudes está esgotado? é unha reflexión seria, asi que agradecería non insultos. Saúde e sorte