jueves, julio 18, 2013

III ESCOLA DE VERAN "MIGUEL ANGEL BLANCO"

O PP de Ourense porá en marcha os vindeiros días 19, 20 e 21 de xullo no Carballiño a III edición da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco", unha iniciativa presentada en Ourense pola voceira popular, Cristina Romero o vicesecretario xeral, Jorge Pumar Tesouro, e o secretario de organización, Pablo Pérez Pérez. Como dixeron na presentación, esta escola nace do convencemento de Manuel Baltar, de que toda forza política debe ter un apartado específico de formación dos seus cargos e militantes. O obxectivo deste curso é “tratar todos os aspectos relacionados cos dereitos fundamentais e as liberdades públicas e non cabe dúbida, que un referente indiscutible dos dereitos e liberdades públicas é o edil Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA hai dezaséis anos”. Segundo Cristina Romero “na organización destacamos a importancia de contar cun marco de formación e debate no que militantes e simpatizantes podemos tratar asuntos relacionados coa axenda política e social máis actual apoiados na visión de expertos relatores que enriquecen o noso proxecto político e potencian a nosa comunicación coa sociedade”. Nesta terceira edición da Escola de Verán desenvolveranse relatorios e mesas redondas sobre asuntos como “Os inicios do autogoberno de Galicia”; “A miña experiencia no executivo e no lexislativo galego”; “O sector primario galego e o autogobernó” ou “A actual lexislatura no Parlamento de Galicia”. Jorge Pumar Tesouro, destacou que “impulsamos esta Escola de Verán para sumar potencialidades, analizar ideas e debatir os asuntos máis punteiros da actualidade social. A participación dos cargos locais do partido e de destacadas figuras do Partido Popular contribuirá a engrandecer o noso esforzo político pola defensa dos intereses de tódolos galegos”. Na presentación da Escola de Verán, Pablo Pérez Pérez, secretario de organización do PPOU, desentrañou os detalles da organización do curso. Explicou que as actividades terán lugar os días 19, 20 e 21 de xullo, na Casa da Cultura de O Carballiño. Segundo o programa, a Escola de Verán será inaugurada o venres 19, ás 19.00 horas, da man dos secretarios xerais do PP de O Carballiño, José Andrés Vázquez, e do PP de Ourense, Rosendo Fernández. De seguido darase paso a intervención de Don Gerardo Fernández Albor, que será presentado por Manuel Baltar. En canto aos relatores convidados a participar nesta terceira edición tamén figuran nomes de figuras do Partido Popular como Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Rosa Quintana Carballo, Miguel Angel Santalices, Cristina Romero Fernández e Jesús Vázquez Abad. Tamén os acompañarán destacados cargos da organización como Rosendo Fernández, Roberto Castro García, Argimiro Marnotes e Daniel Barata Quintas. O domingo, ás 12.00 horas, o curso será clausurado por Feijóo, e Manuel Baltar. O PP de Ourense manterá activo o perfil de twitter @EscolaVeranPPOu co hashtag #escoladeveranppou facendo uso das novas tecnoloxías para facilitar o seguimento do que acontece no curso a aquelas persoas interesadas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Magnífica idea ésta del PP de Ourense, de recordar a Miguel Angel Blanco con una Escuela de Verano, en la que se analicen temas interesantes, con la paz y la sensatez siempre en el horizonte. Enhorabuena.