lunes, julio 08, 2013

FEIJOO IRA A BRUSELAS CARGADO DE ARGUMENTOS

Feijóo viaxará a Bruxelas para evitar o xaque mate de Almunia ao naval apelando á xurisprudencia administrativa. Feijóo acudirá esta semana á xuntanza co comisario Almunia cargado de argumentos tanto xurídicos, como económicos e sociais. Feijóo acudirá flanqueado por líderes autonómicos de tres signos diferentes e polo ministro de Industria do Goberno de España, que representa a 48 millóns de españois e que ademais viaxará co respaldo unánime do 100% dos grupos que teñen representación no Congreso dos Deputados. No relativo aos argumentos xurídicos, destacan que en dereito hai dous conceptos que son claves. O primeiro deles é que as condenas deben chegar por non cumprir as leis e non ao revés, e Galicia cumpriu todas as normativas vixentes no Estado español e na UE. Destacando a boa fe coa que actuaron os estaleiros e armadores, que o único que fixeron foi cumprir a lei vixente e aprobada polo Goberno. O segundo concepto é o da xurisprudencia, pola cal unha resolución xudicial anterior vincula ou condiciona unha decisión posterior cando se tratan de supostos idénticos ou moi similares. Con respecto a isto, Galicia pide que se atenda a un concepto de xurisprudencia administrativa pola cal o que foi válido para a industria naval francesa hai dous anos sexa válido para a industria naval galega en 2013. E todo elo co reforzo de ter por escrito o criterio da anterior comisaria de Competencia, Neelie Kroes, avalando nunha misiva o sistema do tax lease, certificando que non era discriminatorio, e por tanto as actuacións levadas a cabo do Goberno español e polos estaleiros galegos. Regular casos idénticos de forma distinta xeraría inseguridade na Unión Europea, ademais de destruír 14.000 empregos en Galicia e reducir nun 5% o PIB.

No hay comentarios: