viernes, julio 05, 2013

COORDINACIÓN COS PORTAVOCES NA OPOSICIÓN

O PP de Lugo celebrou unha reunión de coordinación cos portavoces, presidentes locais e concelleiros do PP dos municipios lucenses onde exercen a tarefa de oposición. A reunión estivo presidida por Jose Manuel Barreiro, Jose Manuel Barreiro e o xerente provincial, Manuel Platero. O encontro serviu para abordar a situación política destes municipios e a estratexia común a seguir. O PP provincial reforzará a coordinación política con estas Xuntas Locais e incrementará o número de iniciativas que se van a presentar nos distintos concellos como propostas de alternativa de goberno e para o cambio neses municipios. Do mesmo xeito, ten previsto intensificarse o número de actos e reunións con representantes destas localidades para continuar á súa disposición desde as institucións nas que o PP está presente. A reunión serviu tamén para analizar a situación socioeconómica destas localidades onde os gobernos socialistas e/ou nacionalistas agravan a de complicada situación xeral, ante a falta de iniciativa e a incapacidade de poñer en marcha as medidas necesarias para ser dos primeiros en saír da crise que vén atravesando o país nos últimos anos.

No hay comentarios: