jueves, julio 18, 2013

ALMUNIA INSISTE EN ARRUINAR O NAVAL

Feijóo lamentou que o comisario europeo da Competencia, o socialista, Joaquín Almunia, confirmase unha decisión inxusta e irresponsable para o naval e defendeu recorrela pola vía xudicial. Neste sentido, avanzou que xa solicitou formalmente ao Goberno de España que a decisión adoptada pola Comisión Europea sobre o tax lease sexa recorrida, e que ese recurso inclúa a petición de suspensión cautelar dos seus efectos sobre os investidores dos estaleiros. En declaracións aos medios, cualificou a resolución adoptada en Bruselas de cuestionable xuridicamente, pouco responsable desde o punto de vista económico e insensible socialmente. “Sendo isto así, non imos, en ningún caso, darnos por vencidos e imos seguir traballando para garantir o futuro do sector naval”. Por iso, adiantou, “acabo de manter unha conversa co ministro de Industria onde lle solicitei formalmente que o Reino de España recorra ante o Tribunal de Luxemburgo esta decisión e que, ademais, solicite no recurso a suspensión dos efectos económicos desta resolución para a devolución que lles solicita aos investidores”. Considerou Feijóo que “se o Tribunal de Luxemburgo acepta a suspensión cautelar, teriamos, sen ningunha dúbida, resolto durante bastante tempo o panorama desde o punto de vista de non ter que devolver cantidade ningunha ata que se Luxemburgo resolva”. A este respecto, expresou o seu convencemento de que hai argumentos xurídicos suficientes para gañar ese pleito sobre a base dos principios de discriminación positiva, de proporcionalidade, de seguridade xurídica e de inacción.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Feijoo pretende vender los astilleros subvencionados con dinero europeo a los mejicanos. Y de paso darles toda una tecnología que seguramente no tienen en un sector industrial de primera magnitud. Almunia obra con plena coherencia aunque duela. La Unión estaría subvencionando un capital que al final se va a ir a la competencia americana. O presi de Galicia o yupi de las finanzas.