martes, julio 09, 2013

AGUSTIN BAAMONDE NOVAMENTE PRESIDENTE DO PP DE VILALBA

A militancia do PP de Vilalba elexíu novamente a Agustín Baamonde presidente local do PP. O que foi 15 anos rexedor neste concello, sempre elexido por maioría absoluta, preside a xunta local dende fai cinco anos, cando os populares celebraron un comité local e o elexiron presidente. E todo un veterán no eido político, e comprometeuse a seguir traballando por Vilalba e por tódolos vilalbeses, intentando satisfacer as súas necesidades e facer posible o que precisan. Agustín Baamonde presentou o comité local, entre os que figuran: o actual rexedor, Gerardo Criado, Gloria Bodenlle, José María García-Leira, Consuelo Grandío, Iván Fernández, Luis Cazón, Ramiro Geada, Gabino Rivas, José Janeiro, María Cruz Vázquez, Juan Manuel Cancio, Faustino Díaz, Manuel Rodríguez, María Josefa García, María Esther Baamonde, José Franco, Miguel Díaz (NNXX) e José Roberto Otero (NNXX). No conclave participaron José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, así coma outros cargos políticos da zona.