miércoles, julio 17, 2013

A SINGULARIDADE DO LITORAL GALEGO

Os deputados do PP de Pontevedra, Román Rodríguez e Berta Pérez e a senadora Dolores Pan, tamben queren informar da nova Lei de Costas aprobada xa de maneira definitiva recoñece a singularidade do litoral galego, empezando pola Ria de Pontevedra. No PP de Pontevedra estan satisfeitos porque por fin se aceptara unha vella reivindicación do PP e se tivera en conta a singularidade do asento poboacional en Galicia. Xa que coa anterior Lei, aprobada polo goberno de Felipe González, estabase comentendo unha situación moi inxusta con vivendas e propietarios galegos que tiñan asentadas as súas vivendas desde hai moito tempo e aos que a lei lle estaba dando moitos problemas e inseguridades xurídicas. Román Rodríguez explicou que con esta transitoria póñense en marcha os procedementos para poñer fin a este problema e analizou os prazos e os procedementos que agora terán que efectuar os concellos para definir os núcleos e que se poidan legalizar as construcións que se atopan na zona de servidume. Dependendo de se tiñan ou non planeamento antes de 1988, os requisitos para ser recoñecidos como solo urbano e rebaixar a liña de protección de Costas de 100 a 20 metros son diferentes. Os concellos con PXOM deberán delimitar as zonas que contaban con servizos básicos en 1988 e que tiveran dous tercios da súa superficie edificados. Os concellos sen PXOM necesitaarán que o 50% da superficie estivera colmatado antes da entrada en vigor da nova lei. En canto aos prazos, e no que se refire aos núcleos delimitados que se atopaban na franxa de protección dos 100 metros, os concellos dispoñen dun prazo máximo de tres meses para iniciar o expediente e remitirllo ao Ministerio. No caso das vivendas que se asenten en núcleos non delimitados, o proceso é máis complexo polo que se establece un prazo de dous anos.

No hay comentarios: