viernes, junio 21, 2013

XUNTA DIRECTIVA DO PPOU

A Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense, mantivo unha reunión na sede, na que se abordaron diversos temas que afectan aos 92 municipios da provincia. Entre estes asuntos, sobresaiu a convocatoria de cinco congresos locais para o mes de xullo, que serán os de Maceda (día 24), Trives (día 26), Pereiro e Coles (día 27 ámbolos dous) e Celanova (día 28). Estes cinco cónclaves son os primeiros que se convocan tralo Congreso Provincial, e se irán producindo paulatinamente novos congresos nas restantes xuntas locais do PPOU. Este encontro, que estivo presidido por Manuel Baltar, contou tamén coa presencia como invitado de Francisco Conde, conselleiro de Economía da Xunta de Galicia. A sua presencia serviu para que os membros da Xunta Directiva Provincial lle plantexasen diversos asuntos relacionados coas políticas económicas postas en marcha dende o goberno de Feijóo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

La intervención del Sr. Conselleiro ayer en Ourense fue magnífica. Clara, concisa, concreta, didáctica, más no se puede pedir. Conoce a fondo la problemática tratada y -aún siendo de ciencias- demuestra un dominio de la docencia extraordinario. No en vano ha sido profesor. De lo mejorcito que tiene Feijóo, con bastante diferencia respecto de otros.