lunes, junio 10, 2013

RENOVADO O PP DE CHANTADA

Os afiliados do PP de Chantada elixiron como novo presidente da xunta local a Javier Rodríguez Medela, durante un conclave celebrado esta fin de semana no restaurante Mogay da localidade. Durante o transcurso do acto, Rodríguez Medela explicou que asume este novo reto co obxecto de fortalecer e impulsar o partido coa vista posta a engraxar a formación política de cara aos comicios e para lograr que o PP en Chantada volva a ser a primeira forza política neste concello. “Vamos a poñer todo o empeño para que os erros do pasado non repitan nun futuro” manifestou o recén elexido presidente quen destacou que a nova dirección local está formada por un grupo de persoas e con calidade humana excepcional e cun gran aporte de ideas”. O recén elixido presidente, nomeou ao comité local, formado por xente xoven, cunha media de corenta anos, entre os que figuran: Arturo Blanco Vilela, Francisco Javier Maciñeiras Fernández, Manuel Javier Goyanes Cereijo, Erica Fernández Ledo, Verónica Prado Dieguez, Aquilina Martínez García, Javier López Viana, Jesús Rey Guerra, Victoria Lemos Novoa, José Blanco Gómez, Vicente Vázquez Dieguez, Alfonso Figueroa González, Alfonso López Somoza, Ángel Corredoira Brao e Sergio Vázquez Yebra. Javier Rodríguez Medela foi o único aspirante e contou con máis do dobre dos avais necesarios para presentar a súa candidatura, cando tan só precisaba o apoio explícito de 25 afiliados e presentou máis de medio cento de sinaturas de militantes do PP de Chantada.

No hay comentarios: