viernes, junio 14, 2013

RENOVACIÓN NO PP DE POL

A convocatoria de congresos locais en Lugo, e a proclamación de candidatos no ten tregua. Segundo deu a coñecer onte a dirección provincial do PP en Lugo, María Ángeles Lenza López foi proclamada candidata á presidencia do PP de Pol logo de constatar que a súa é a única candidatura presentada tralo remate do prazo oficial para poder facelo. Esta inxeñeira forestal, nada en 1980, está ligada ao PP dende o ano 2007 e xa ten experiencia política contrastada posto que actualmente exerce de edil no concello polense e foi de número dous na lista nas pasadas eleccións municipais. Previsiblemente, María Ángeles Lenza, substituirá na presidencia a quen foi ata o de agora presidente do PP en Pol e alcalde en dito concello durante 20 anos, José Luis Fugarolas. Agora serán os militantes os que, de xeito directo, escollan, á nova dirección local no congreso local previsto para o vindeiro día 28 de xuño.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Se dedica al cine? La foto parece tomada de un videobook

Anónimo dijo...

Tampoco es para tanto, ¿no?.

Anónimo dijo...

Guapa si que es, o por lo menos la foto lo indica.