martes, junio 04, 2013

O DISTRITOS CONTAN NO PP DE OURENSE

O PP de Ourense reuniuse onte os presidentes dos cinco distritos da cidade, con Manuel Baltar, e con Rosendo Fernández. Neste encontro, Manuel Baltar lembrou que este encontro ratificou a necesidade de reorganizar os cinco distritos nos que o PPOU delimita a cidade, co fin de acadar unha maior e máis efectiva cercanía con tódolos veciños e veciñas de Ourense. De feito, esta proposta se puxera de manifesto o pasado 24 de abril, cando Manuel Baltar solicitara aos cinco presidentes dos distritos que no prazo dun mes aportasen as súas ideas ao respecto. Os presidentes de distrito (Miguel Abad Vila, distrito 1; Francisco Javier Rodríguez Nóvoa, distrito 2; Aurelio Gómez Villar, distrito 3; Jorge Pumar Tesouro, distrito 4; e José Araújo Fernández, distrito 5) presentaron as súas propostas, todas elas tras diversas consultas e reunións coas bases do partido, afiliados e militantes. Tal e como sinalou o presidente provincial, Manuel Baltar, estas consultas foron claves para "trasladar os requerimentos, necesidades, suxerencias e reclamacións dos veciños e veciñas de tódolos barrios da cidade". Trala aportación das propostas recibidas hoxe, o partido analizará as mesmas e trasladará ao órgano competente a nova organización dos distritos da cidade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Importantes xuntanzas que, sen dúbida, deben ter en conta a opinión dos veciños déses distritos. Facer política de costas a éles é un erro que sempre se paga o día das votacións. Así que, xa deben saber o que hai que facer.

BETADINE dijo...

ASI SE FAI COMA TEN QUE SER..
HAY QUE ESTAR E LOITAR POR OUENSE ES OURENSANS.
PERO A PE DE CIUDADANO

HALA UNHA APERTA PRA TODOS