martes, junio 11, 2013

JOSE ALVAREZ PRESIDIRA O PP DE O INCIO

José Álvarez será o único aspirante a presidir o PP de O Incio. Previsiblemente, Álvarez será elexido presidente da xunta local nun congreso terá lugar o vindeiro venres día 14 de xuño no mesón do Tunel. En dito conclave estarán presentes José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro así coma outros cargos políticos da zona. Será polo tanto, este avogado, nado en 1980, en O Incio , quen lidere a candidatura chamada a renovar a actual Executiva local e a tomar o relevo na presidencia a José Antonio Valcarcel ,que ata o de agora viña exercendo este cargo e que decidiu non presentarse á reelección tra-la súa traxectoria ao fronte do PP neste concello.

No hay comentarios: