lunes, junio 10, 2013

II ENCONTRO DE MULLERES DO PPOU

Esta fin de semana celebrouse o II Encontro de Mulleres con cargos do PPOU, no que interviu Manuel Baltar. Este acto foi presentado pola coordinadora de Igualdade do PP de Ourense, María Antonia Rilo, e contou coas intervencións de Carmen Leyte, Ana Belén Vázquez, Marta Rodríguez-Vispo e Carmen Carballo. Todas elas expuxeron o seu punto de vista da política dende a óptica das súas respectivas responsabilidades nas diferentes administracións, destacando a importancia das políticas de igualdade que pon en marcha de xeito transversal o PP. Tralo remate das intervencións, abriuse un coloquio coas mulleres que acudiron a este encontro. Previamente a estas intervencións, o presidente Manuel Baltar quixo adicar expresamente unhas palabras de agradecemento á coordinadora de Igualdade do PPOU, María Antonia Rilo, pola organización do encontro "e porque adicou toda a súa vida a defender as políticas de igualdade, algo polo que todos e todas lle temos que estar ben agradecidos".Manuel Baltar tamén quixo alentar as mulleres participantes polo seu compromiso co Partido Popular "pois nestes tempos de crise, a política, a boa política, é máis necesaria que nunca. E se está dirixida por mulleres, é unha magnífica garantía".

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver si vos cerran o chiringuito da Diputación dunha vez. Non cos meus impostos...

Anónimo dijo...

Non te enteraches do que dixo o secretario de Estado de administracions públicas?

Anónimo dijo...

Que aparvado o rapaz, que desexa o peche.... Resentidiño....!

Anónimo dijo...

Que aparvado o rapaz, que desexa o peche.... Resentidiño....!