lunes, junio 10, 2013

EN MARCHA AS SECTORIAIS DO PP DE LUGO

Celebrouse a primeira xuntanza dos coordinadores sectoriais do PP provincial de Lugo. Nesta nova etapa de traballo o PPdeLugo aspira a gañar en proximidade ao cidadá e en capacidade de iniciativa política. Deste xeito, complétase e ponse en marcha a nova estrutura executiva do partido na que gaña peso tanto o ámbito territorial como o sectorial, cun obxectivo claro: facer da dirección un órgano máis participativo e desenvolver actuacións de impulso tanto no territorio como nos principais ámbitos de actuación social. Os novos coordinadores sectoriais son: polo Medio Rural: José Pardo Lombao; no ámbito da Pesca: Jesús Novo; en Benestar Social: María Luisa Macía; na área de Sanidade: José Manuel Piñeiro; na de Ordenación do territorio e urbanismo: Javier Jorge Castiñeira; en Infraestruras: Demetrio Salgueiro; en Traballo e Promoción Económica: Justo de Benito; en Industria: Juan Carlos Serrano; en Igualdade: Pilar Varela, en Deportes: José Manuel Arias; en Voluntariado: María Josefa Gómez, en Novas Tecnoloxías: Manuel Antonio Fernández; en Educación: Lourdes Yáñez; en Comercio: Antonio González Madarro; en Turismo: Jesús López Penabad; en Comunicación e Relación institucionais: María Villares; en Acción Exterior: Pablo Taboada, en Medio Ambiente: José María Teixido; e, finalmente, en Acción Política, Juan Antonio Gallego. Eles serán os encargadas de coordinar a estratexia a seguir en cada un dos distintos ámbitos. O obxectivo é que cada un deles no seu campo, estean en contacto co sector que teñen asignado así como cos afiliados, impulsando iniciativas de acción nos distintos asuntos que lles afectan.

No hay comentarios: