jueves, junio 27, 2013

CONSTITUIDAS NN.XX. DA ILLA DE AROSA

NN.XX. constituíu a súa xestora no concello da Illa de Arousa. O novo equipo que dirixirá NNXX da Illa durante os próximos tres anos, composto inicialmente por 15 membros, elixiu a Daniel Mouro García como presidente e a Noelia Pérez Otero coma secretaria de organización. O recén nomeado presidente explicou o camiño que a organización ten planificado seguir nos próximos meses e a importancia de estar próximos á mocidade facendo chegar ao partido as distintas inquedanzas e preocupacións dos mozos e mozas arousáns. Diego Gago, dende a presidencia provincial, deulles a benvida á primeira organización político xuvenil de Galicia e destacou que NNXX terá durante o ano 2013, constituídas xuntas locais en todos os concellos da Comarca do Salnés. Pola outra banda, o presidente do PP local do PP, Juan José González, transladoulles a satisfacción do partido pola constitución das NNXX, algo no que xa levaban tempo pensando, e destacou o seu importante papel coma membros integrantes da mocidade da Illa. Ademais aproveitou para transmitirlles ilusión e confianza ante a despreocupación imperante na mocidade arousana polas políticas que está a levar a cabo o goberno local e a importancia de que o Partido Popular recupere ese puñado de votos que lle faltaron para obter a maoiría absoluta nas pasadas eleccións municipais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gago das pena...