lunes, junio 03, 2013

CONGRESO DO PP DE BEGONTE

O PP de Begonte, celebrou esta fin de semana o seu congreso local no que José Ulla Rocha foi elixido presidente. No acto participaron José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro así coma outros cargos públicos electos do PP na zona. O recén elexido presidente presentou ao comité local, entre os que figuran: Luis Luaña, José Antonio Vázquez, Aurora Braña, María José Suárez, Eduardo Antonio Pérez, Tomás Parga, Sonia Vilasuso, José Pico, Manuel Lombao e Carlos Walter Castro. Ulla fixo un balance de goberno popular ao fronte do concello de Begonte e destacou que o primeiro que o seu partido levado a cabo ao chegar a alcaldía foi: facer unha análise da economía, reducir o gasto corrente ao mínimo posible e optimizar recursos. Afirmou que o goberno popular foi quen de pagar as facturas, non endebedar o Concello e non ter así que recurrir a ningún plan de axuste. Apostou o popular por un partido forte que chegue aos veciños e polo traslado do programa do PP aos mesmos e destacou a importancia do bo funcionamento do partido a nivel interno. Natural de Begonte, José Ulla Rocha, naceu o 12 de xuño de 1970. Está casado e ten un fillo. Veterinario de profesión, ten dedicación parcial que compaxina coa tarefa de alcalde. Como experiencia política destacan os oito anos como tenente de alcalde no goberno de Pena Rábade, catro anos como voceiro na oposición en dito concello e, dende fai dous anos, e ata a actualidade, é rexedor do concello begontino

No hay comentarios: