lunes, junio 10, 2013

BUSCANDO O DOCUMENTO DOS 100.00O EUROS

O Grupo Municipal do PP de Valadouro, a través do seu portavoz, Jose Manuel Lamela, vén de solicitar formalmente acceso ao documento notarial asinado por PSOE, Udival e BNG e no que se baseou a presentación da moción de censura e posterior pacto do goberno entre socialistas e independentes. Os populares dan resposta así ao ofrecemento feito pola portavoz de Udival, María José Fernández, durante o debate plenario da moción de censura, cando afirmou que o pacto estaba a disposición de calquera veciño que quixera consultalo. Con anterioridade ao debate da moción, a esta mesma concelleira afirmou, tal e como recollen varios medios de comunicación, que, incluso, estaría disposta a colgar o documento no taboleiro de anuncios do Concello. Desde o PP manteñen que o contido deste documento ten un interese público notorio xa que logo condiciona a gobernabilidade municipal. De feito, polo pouco que se coñece, contén a polémica cláusula pola que os concelleiros do bipartito se comprometen a indemnizarse con 100.000 euros en caso de ruptura do pacto.

No hay comentarios: