martes, junio 11, 2013

BARCIA PRESIDIRÁ O PP DE BURELA

A antigua biblioteca de Burela acollerá o vindeiro sábado, día 15, o congreso local do PP de Burela no que o actual rexedor, José María González Barcia será elexido presidente local. Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, José María González Barcia foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense. A celebración de dito conclave celebrarase logo de que o PP acadase o reto de recuperar a alcaldía e da conformación dun equipo unido e sólido, que foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños desta localidade. Tras o de Burela, os populares continuarán na liña de convocatoria de conclaves locais en distintos puntos da provincia co obxectivo de desenvolver un amplo proceso de renovación e elección democrática nun importante número das súas formacións locais.

No hay comentarios: