viernes, junio 28, 2013

BAAMONDE SEGUIRA LIDERANDO O PP DE VILLALBA

Cerrado o prazo para presentarse como candidato á presidencia do PP de Vilalba, Agustín Baamonde, foi o único que presentou a súa candidatura. O actual presidente do PP en Vilalba aspira a seguir liderando á xunta local co respaldo do Congreso que se celebrará o sábado 6 de xullo no Hotel Villmartín, en Vilalba. e no que o conxunto da militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección. Natural de Vilalba, Agustín Baamonde naceu o día 8 de abril de 1950. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi nomeado en 1987 Primeiro tenente de alcalde do concello vilalbés. O 22 de xaneiro de 1990 foi substituíu como rexedor muncipal a José María García Leira. Presentouse ás eleccións locais de 1991 encabezando a candidatura do PP e foi elexido alcalde por maioría absoluta. Continuou como rexedor durante 15 anos obtendo sempre maioría absoluta nas sucesivas eleccións, ata o 12 de maio de 2005, que deixou o cargo ao ser elexido deputado no Parlamento de Galicia. Foi diputado provincial desde o ano 1991 ata maio de 2005 e é membro do Comité de dirección provincial do PP. Na actualidade, continúa na función de Deputado Autonómico e como portavoz nas áreas de Cultura, e na Comisíon de Control da Radio Televisión de Galicia.

No hay comentarios: