martes, junio 25, 2013

APRENDENDO A TWITEAR CO PP DE OURENSE

A importancia das redes sociais, e en particular da rede de microblogging Twitter, foi analizada en profundidade no PP de Ourense, dentro dun curso práctico impartido polo profesor Manuel Barreiro. Esta iniciativa foi organizada pola Escola de Formación "Roberto Padilla" do PPOU e estivo destinada aos cargos orgánicos e institucionais do PP de Ourense e usuarios de redes sociais. A presentación do curso correu a cargo de Rosendo Fernández e César Blanco. O curso, eminentemente práctico, analizou os pasos básicos para configurar e crear unha conta de Twitter, así como mecanismos para xestionala correctamente: publicación de tweets, seguidores, enlaces, fotos e datos que se poden publicar a través desta rede. Tamén foron moi importantes as pautas para preservar a privacidade persoal dos usuarios de Twitter e as claves para que a comunicación en 140 caracteres sexa directa, efectiva e recíproca, coa incorporación de hashtags, por exemplo. Os asistentes ao curso práctico destacaron a importancia do mesmo, que seguiron con grande interese. Esta iniciativa formativa pon o acento nunha das claves do PPOU baixo o mandato de Manuel Baltar: a importancia da comunicación e das redes sociais como ferramentas fundamentais para estar en permanente contacto cos veciños e veciñas de Ourense.

No hay comentarios: