miércoles, junio 26, 2013

A ROMP HOXE NA RUA

A Rede Ourensá de Mulleres Populares do PPOU organiza hoxe mércores, 26 de xuño, en A Rúa, unha charla baixo o título "Prevención de delitos comúns". Esta charla, organizada pola ROMP, contará coa colaboración da Garda Civil de A Rúa, xa que será un dos seus axentes o que dará as pautas para evitar as conductas que poidan dañar ás mulleres das zonas rurais, ou convertelas en víctimas de conductas ilícitas. A responsable da Rede Ourensá de Mulleres Populares, Lucía Rodríguez, recalca que esta iniciativa forma parte da programación deste organismo do PPOU, centrado en orientar ás mulleres, sobre todo do ámbito rural, en diversos asuntos de interese. Esta charla será aberta ás mulleres que desexen participar e será no salón multiusos do Concello de A Rúa

No hay comentarios: