jueves, junio 13, 2013

A INTRANSIXENCIA DO PSOE CO NAVAL

O PP lamentou a intransixencia do PSOE ao negarse a transaccionar unha declaración conxunta no Parlamento en apoio do sector naval e Ferrolterra. Os socialistas se negaron, non só a aceptar unha emenda popular na que se solicitaba esixir a Navantia carga de traballo, a construcción do dique flotante, para o que a Xunta ten comprometidos 5 millóns de euros e un plan de aproveitamento dos activos ociosos da antiga Astano, senón á votación por puntos o que non facilitou o acordo da Cámara “que é o que perseguían dende o primeiro momento” segundo o deputado popular. O ferrolan e popular, Miguel Tellado criticou que na iniciativa socialista “se solicita expresamente á Xunta de Galicia construír de forma inmediata o dique flotante cando, en primeiro lugar a Xunta non ten a competencia aínda que apoia o proxecto con compromiso orzamentario e foi a mesma ex-vicepresidenta socialista do goberno de Zapatero, Elena Salgado, a que rexeitou no seu momento financiar cos presupostos do Estado o dique xa que é incompatible coa normativa da UE”. “Leccións dos socialistas: ningunha, de quen se sentaba no mesmo consello de ministros, como é o señor Caamaño, que non fixo nada polo sector ou do BNG que ía do seu ganchete no apoio ao goberno: ningunha”.

No hay comentarios: