lunes, junio 03, 2013

100000 RAZONS PARA IR A XUSTIZA

O PP de Lugo levará ante os tribunais de xustiza o acordo plenario da moción de censura do Valadouro que ten previsto adoptarse o vindeiro martes co previsible apoio de PSOE, Udival e BNG. Os populares entenden que deben asumir a responsabilidade de que se empreguen todos os mecanismos existentes nun Estado de Dereito para que se determine se este tipo de artimañas son validas para a xustiza. Aclaran tamén que a impugnación xudicial é de índole estritamente administrativa e non penal. O PP de Lugo non só cuestiona a validez da cláusula pola que as futuras forzas do bipartito se comprometen a indemnizarse mutuamente con 100.000 euros en caso de ruptura do pacto de goberno, senón que incluso consideran xuridicamente relevante outros aspectos coñecidos no pacto. A tese defendida polo PP ten o seu aval en múltiples pronunciamentos doutrinais e diversa xurisprudencia. Expertos e sentenzas coinciden en considerar que estamos ante un suposto evidente de voto condicionado dos concelleiros -e polo tanto de infracción do principio de representación política que se basea na necesidade de que os edis presten a súa vontade de forma libre, non distorsionada e imparcial. De calquera xeito, desde o PP insisten que á marxe da consideración xurídica desta cuestión que viría determinada polo que poidan dicir os xuíces unha vez analizados os feitos, o de Valadouro é un pacto inédito do que no constan precedentes pero que, parece evidente que aplicando o sentido común e os principios democráticos e de transparencias propios de calquera administración pública pode deducirse que este tipo actuacións non poden estar ben.

1 comentario:

Anónimo dijo...

El alcalde de Oza desvela «muchas diferencias con Álvarez-Campana»
Asegura que él habría gestionado «de otra manera» el adiós de Lucas

«Reconozco que tuve muchas diferencias con Álvarez-Campana, sobre todo tras el momento de la dimisión de Julián Lucas, pero por otro lado es normal que en un partido haya diferencias de criterio», señaló González Cacheiro, quien también indicó que, por contra, «el presidente de la Diputación está cumpliendo todos los compromisos adquiridos con la fusión de nuestros ayuntamientos»