miércoles, mayo 15, 2013

UNHA PROMESA CONGRESUAL XA E REALIDADE

O PP de Ourense constituiu onte o Comité de Estratexia Política. Este novo órgano consultivo era un dos compromisos electorais que adquirira o presidente Manuel Baltar cos militantes e afiliados populares para o presente mandato. O Comité de Estratexia Política que se constituiu esta formado Manuel Baltar, Celso Delgado, Carmen Leyte, Antonio Mouriño, Plácido Álvarez Dobaño e Pablo Pérez. O obxectivo fundamental deste novo órgano consultivo dos populares é, segundo explicou Manuel Baltar, "unificar criterios dende todas as institucións con representación do PPOU, co fin de clarificar e achegar con maior facilidade as mensaxes populares cara a cidadanía". Tamén abundou en que este comité se reunirá periódicamente co fin de actualizar e implementar a estratexia a seguir polos cargos populares.

No hay comentarios: