miércoles, mayo 22, 2013

UN NOVO COMITE NO PP DE OURENSE

O PP de Ourense acolleu constituiu o Comité de Seguimento dos Programas Electorais. Este novo órgano consultivo era un dos compromisos electorais que adquirira o presidente Manuel Baltar cos militantes e afiliados populares para o presente mandato. O Comité de Seguimento dos Programas Electorais que se constituiu onte estará presidido por Daniel Barata Quintas e formado por Ana María Oliveira Ferreira, integrante do Comité Executivo do PPOU; Gabriel Alén Castro, alcalde de Cenlle; José Antonio Estévez Gómez, membro do Comité Executivo e presidente de Novas Xeracións Ourense Cidade; Manuela Rodríguez Vázquez, concelleira en O Barco, e Yolanda Barrio García, que forma parte do Comité Executivo do Partido Popular de Ourense. O obxectivo fundamental deste novo órgano consultivo dos populares é, segundo Manuel Baltar, que asistiu á reunión constitutiva deste equipo, "analizar en profundidade o grao de cumprimento dos programas electorais defendidos polo PPOU, así como fixar os seus criterios e buscar fórmulas para alcanzar a execución ao 100% das propostas formuladas". Tamén abundou en que este comité se reunirá periódicamente con alcaldes e portavoces municipais populares, co fin de proceder ao análise que efectuará o devandito comité.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Parabens! Outra novidade organizativa. Perfecto Ourense!

Anónimo dijo...

Parabens! Outra novidade organizativa. Perfecto Ourense!

Anónimo dijo...

Parabens! Outra novidade organizativa. Perfecto Ourense!