lunes, mayo 20, 2013

TERAPIA DE USO PARA O GALEGO

O PP de Ourense sumouse a homenaxe do Día das Letras Galegas, reafirmando o seu nítido compromiso coa lingua, a literatura e a cultura galega. A lingua, coma todo ser vivo, corre o risco de morrer, por iso se fai preciso que as institucións e a sociedade velen pola súa saúde. Os populares ourensáns seguiran velando pola nosa lingua a través da terapia máis efectiva, o seu uso. O uso dunha lingua que, como demostran a historia e celebracións coma a do Día das Letras Galegas, que representa o espírito dun pobo que foi configurando a súa idiosincrasia en torno ao feito diferencial que supón posuir unha lingua propia. Por todo isto, dende o PP de Ourense continuaran a ser abandeirados da defensa da lingua e a cultura galega, ferramenta fundamental para construir a Galicia do futuro.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Patochadas baltaristas

Anónimo dijo...

jajaja pero seguides por Ourense con esta xente que non para de desacreditar e descalificar o que fagades? En fin..que pena!! Por certo, noraboa; faltaría máis non celebrar este día da nosa terra!! Un saudo Ourense!!