martes, mayo 14, 2013

RENOVACIÓN NO PP DE TABOADA

O PP de Taboada nos próximos días se convocará de xeito oficial o Congreso local. A principal novidade será que o actual presidente do PP local, José Jesús Ramos Ledo,  non se presentara á reelección e polo tanto vai dar o paso para iniciar unha renovación da dirección do partido en Taboada que incluirá unha nova persoa na súa presidencia. Ramos Ledo desde a presidencia local fixo posible que o PP gañara con maioría absoluta en todos os procesos electorais celebrados desde o ano 1987. Foi un dos alcaldes con maior apoio popular da provincia e de feito gobernou durante 22 anos ata o seu nomeamento, en 2009, como Xefe Territorial de Educación e Cultura, responsabilidade que continuará exercendo. A renovación da Xunta Local en Taboada únese ao proceso que o PP de Lugo está levando a cabo nos seus equipos locais, de feito, cada fin de semana dos meses de maio e xuño está a celebrarse un congreso local ao longo e ancho da provincia.

No hay comentarios: