lunes, mayo 20, 2013

PASO A RENOVACIÓN NO PP DE O INCIO

Os militantes do PP de O Incio elixirán unha nova Xunta local nun Congreso previsto celebrar o venres 14 de xuño. A decisión de José Antonio Valcárcel, actual presidente local, de non optar á reelección implica dar paso á renovación da actual dirección local que viña exercendo as súas responsabilidades desde decembro do ano 2009, data de celebración do anterior Congreso. Por esta razón, Barreiro quixo poñer en valor o moito traballo desenvolvido polo presidente saínte e o seu equipo, así como os esforzo polo fortalecemento dun partido que foi a forza política máis votada nas eleccións locais pero non puido manter a alcaldía por un triplo pacto entre PSOE, BNG e CDL. A nova dirección ten como reto consolidar ao PP como alternativa de goberno. Pola súa parte, José Antonio Valcárcel, fixo un agradecemento publico aos integrantes da dirección do PP local que lle acompañaron neste anos, así como tamén ao ex- alcalde Ángel Camino e ao conxunto dos militantes polo apoio recibido. Quixo salientar que da o paso para que outra persoa acolla a presidencia pero que seguirá formando parte do proxecto popular de O Inicio, como concelleiro da actual Corporación municipal, responsabilidade que xa exerceu entre os anos 2000 e 2003.

No hay comentarios: