viernes, mayo 24, 2013

O PP DE POL TOCALLE TAMBEN RENOVACIÓN

Os populares na provincia de Lugo veñen desenvolvendo cada fin de semana do mes de maio e, tamén ao longo do próximo mes de xullo, a convocatoria de distintos congresos locais, a renovación das estruturas de dirección e a decisión, coa participación directa dos militantes, da estratexia a seguir de cara aos vindeiros anos e coa vista posta nas futuras eleccións municipais. A ultima novedade que e que Jose Luis Fugarolas non optará a reeleción como presidente do PP de Pol e, en consecuencia, o Congreso Local, previsto para o 28 de xuño, será unha cita para a renovación. A decisión de Jose Luís Fugarolas da pé a renovación do PP de Pol e a apertura dun proceso electoral, durante o que poderán presentarse distintas candidaturas-e que rematará a finais de xuño coa celebración da cita congresual. Finaliza así un longo período no que Jose Luís Fugarolas, inspector veterinario de Sanidade Pública, compaxinou durante anos a presidencia local do PP coa alcaldía. De feito, foi o rexedor municipal de Pol durante máis de 20 anos, ata as eleccións de 2007. Durante os catro anos posteriores foi portavoz do Grupo Popular Municipal e liderou a oposición ante o pacto de goberno entre PSOE e BNG. Desde a dirección provincial do PP poñer en valor a traxectoria política de Jose Luís Fugarolas, tras case tres décadas de dedicación ao partido e ao seu concello, así como a xenerosidade que demostra dando un paso atrás e facilitando a renovación do partido. Con todo amosanse convencidos de que seguirá achegando a súa experiencia e capacidade, neste caso, desde outras responsabilidades distintas á da presidencia local, que ocupará unha nova persoa.

No hay comentarios: