lunes, mayo 13, 2013

O PP DE MONFORTE TERA PRESEDENTA

Julia Rodríguez Barreira sera a única aspirante a presidir o PP de Monforte no Congreso local a celebrar o sábado 25 de maio. Será polo tanto, esta avogada nacida en Monforte en 1967, quen lidere a candidatura chamada a renovar a actual Executiva local e a tomar o relevo na presidencia ao senador Dámaso López, que ata o de agora viña exercendo este cargo e que decidiu non presentarse á reelección tras unha longa traxectoria ao fronte do PP de Monforte. Julia Rodriguez Barreira, compaxinou o exercicio profesional da avogacía coas súas responsabilidades políticas, onde xa dispón dunha ampla experiencia e grande responsabilidade. A nivel local lidera o Grupo Municipal do PP onde ostenta a portavocía desde o 2011. Nese ano foi a primeira ocasión na que se presentou como cabeza de lista do PP ás eleccións locais, acadando 6 concelleiros, un menos que os do actual alcalde e aumentando o respaldo electoral en 12,5 puntos porcentuais e máis de 1.600 votos. Exerceu como senadora pola provincia de Lugo ata a súa elección, o pasado mes de outubro, como deputada no Parlamento de Galicia onde exerce a portavocía de Igualdade do Grupo Parlamentario Popular. Nas últimas eleccións autonómicas, con Julia Rodríguez integrando a candidatura, o PP obtivo en Monforte o respaldo maioritario dos veciños.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cuales son los meritos? Curriculum profesional? Familiar y amiga de quien?