jueves, mayo 16, 2013

O POSITIVISMO DE GARCIA DIEZ

Joaquín García Díez valorou de maneira moi positiva os acordos acadados no seo do Consello de Ministros de Pesca da UE finalizado onte que supoñen, ao seu entender, que “o Goberno de España acaba de evitar a paralización da súa frota pesqueira ao aprobarse un novo mandato negociador con maior marxe de manobra, para volver negociar co Parlamento Europeo a reforma da Política Común de Pesca (PPC)”. García Díez recoñeceu a importancia deste feito xa que, segundo as súas propias verbas, “as condicións que fixaba o Parlamento Europeo eran contrarias aos principios que España vén defendendo nesta reforma, o que podería levar ao amarre de parte da nosa flota, como a que faena en augas do Gran Sol”. Así, salientou que o traballo intenso do Goberno español vése reflectido na mellora do escenario negociador. De feito, segundo apuntou, “España foi quen de lograr que se volva a negociar co Parlamento Europeo aspectos clave para o noso sector pesqueiro xa acadadas en anteriores consellos e posteriormente modificadas polo Parlamento Europeo como que, entre outros, se fixase un calendario para acadar o rendemento máximo sostible (RMS) en 2020 ou a aplicación de exención nos descartes inevitables”. O acordo alcanzado permitirá á Presidencia Irlandesa renegociar co Parlamento Europeo, entre outros asuntos, que a porcentaxe permitida en descartes inevitables sexa do 7% os dous primeiros anos, 6% os dous seguintes e do 5% a partir de entón, fronte ao 3% que pretendía o Parlamento Europeo. Este pacto establece tamén que non existirán limitacións por barco ou por marea nos descartes. “Estamos ante un novo éxito de Arias Cañete e o seu equipo nas duras negociacións para a reforma do política pesqueira común (PPC)”, un resultado que xorde do traballo “buscando alianzas e achegando informes e bos argumentos que permiten que a nosa frota pesqueira non se vexa abocada a unha nova volta de torca que lle faga practicamente imposible continuar faenando en moitas das súas modalidades”. Por último, García Díez lembrou, unha vez máis, a importancia de que a postura española sexa apoiada por todas as forzas políticas, e que os portavoces parlamentarios españois trasladen esta petición de respaldo aos seus homónimos no Parlamento Europeo, onde pronto terá lugar unha dura negociación neste longo proceso da reforma pesqueira.

No hay comentarios: