lunes, mayo 27, 2013

MANUEL BALTAR ORGULLOSO DOS CONCELLOS DO PP

Dous anos despois dos comicios locais de maio de 2011 Manuel Baltar destacou en Santiago, diante da Xunta directiva do PP de Galicia, a estabilidade dos 69 concellos ourensáns gobernados polos populares, en comparación coas disensións e falla de proxectos políticos dos gobernados polo puro interese partidista e non pensando nos cidadáns. Así lamentou que Ourense sexa motivo de atención mediática polos "líos e chapuzas" do goberno "en minoría absoluta" da capital da provincia. Avogou polo rigor e compromiso na acción executiva tendo en conta o centro de toda a política que non é outro que o cidadán. Manuel Baltar salientou o esforzo e valentía do goberno de Mariano Rajoy con apostas decididas como a reforma local. "Mentras outros falaron, nós facemos". Pasos nos que atenden propostas tan positivas como o plano de racionalización da estructura administrativa municipal que Baltar presentou diante do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que o asumíu como modelo exportable ás outras provincias de España. Baltar animou a Feijóo e ao resto do seu goberno a facer cousas por Galicia e lamentou que a oposición sólo faga cousas "en contra do Presidente". Manuel Baltar dixo que "nós non empregamos a man para dar puñetazos, senón para ofrecerlla aos cidadáns para axudar a saír desta crise". Na Xunta Directiva do PP de G , Baltar falou do traballo orgánico do PP en Ourense con novos entes como o comité de estratexia política ou o comité de seguimento do cumprimento dos programas electorais, nunha etapa na que a palabra que máis debemos empregar é a transparencia. O presidente ourensán citou a Florencio Delgado Gurriarán, o poeta valdeorrés e galeguista, para dicir, con respecto ao maior tesouro de Galicia (a língua), que "non é a língua a que prestixia á xente, senón que é a xente a que prestixia á língua" e dixo que o traballo do executivo autonómico vai camiñando firme por esa andaina".

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Como para estar orgullosos de Pardellas y su municipio gobernado en la sombra por este personaje inhabilitado. Pero como es uno de sus más fieles escuderos no pasa nada.

Anónimo dijo...

Siempre en los cocidos aparece un garbanzo negro. Pero, en general, la responsabilidad que asumen los Alcaldes y Alcaldesas ante sus vecinos, es evidente. Con más o menos acierto; con más o menos capacidad de gestión. Pero siempre atentos a la ciudadanía. La política municipal es la más dura, con diferencia.

Anónimo dijo...

Totalmente de acuerdo, con el anterior.

Anónimo dijo...

Hay que estar orgullosos de las buenas gestiones municipales (que las hay, y muchas), y estar en contra de aquellos y aquellas que se creen que el municipio es su finca particular. Se necesita algo más de espíritu de servicio y un poco menos de ego personal. El ayuntamiento no es el cortijo de nadie.