lunes, mayo 06, 2013

MAIS CONGRESOS LOCAIS NO PP DE LUGO

O PP de Lugo dentro do proceso de renovación das agrupacións locais da provincia vén de anunciar a convocatoria dos congresos en Monforte e Chantada. A primeira das citas será no mes de maio, concretamente o sábado día 25 cando moi probablemente na Casa da Cultura desta localidade teña lugar o Congreso Local de Monforte. No mes seguinte, en xuño, será a quenda do Congreso Local de Chantada que ten previsto celebrarse o sábado día 8. En ambos casos os respectivos conclaves terán lugar en horario de mañá. Tanto no congreso local de Monforte como no de Chantada poderán participar, co seu voto directo, todos os militantes sempre que estean ao corrente das súas cotas de afiliación. A apertura deste proceso de elección democrática permitirá que os afiliados escollan ás persoas que formarán parte da dirección do Partido Popular a nivel local e marquen a estratexia política a desenvolver nos vindeiros anos, coa vista posta nas próximas citas electorais e, moi especialmente, nas municipais. Ambas citas teñen unha circunstancia común como é a renovación das actuais presidencias locais logo de que tanto Dámaso López como Susana López Abella descartaran optar a un novo mandato.

No hay comentarios: