miércoles, mayo 08, 2013

INICIATIVA DE HOMENAXE A EMIGRACIÓN

O Parlamento de Galicia aprobou onte unha iniciativa do PPdeG encamiñada ao impulso do recoñecemento e a homenaxe ás sociedades e colectivos de emigrantes galegos, principalmente pertencentes a zonas de América, pola súa contribución ao avance educativo e ao progreso cultural de Galicia nas décadas de finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX. Na iniciativa popular se considera necesario promover actividades, actos e declaracións nos centros educativos da comunidade e na sociedade no seu conxunto que poñan en evidencia o esforzo do importante labor altruísta na educación dos galegos que potenciaron os emigrantes. Así, se destacou que dende o ano 1904 ata 1936 os galegos emigrados crearon nos seus países de acollida máis e 500 sociedades de instrución, coa finalidade de crear un sistema educativo firme en Galicia que se consolidase co paso do tempo. E estas sociedades, posibilitaron a creación de arredor de 250 escolas por toda a xeografía galega. A iniciativa a presentou Maria Faraldo que destacou a exposición “Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia” que ten lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) e que retrata o labor social e educativo que desenvolveron as sociedades e colectivos de indianos, que propiciaron a construción de varios centos de escolas en Galicia. “É importante afondar no camiño iniciado con esta exposición e coa presenza permanente no Mupega dunha aula de indianos e unha sala de xuntas e pode resultar interesante complementala con outras accións que permitan aos escolares de Galicia coñecer e interpretar o enorme labor educativo e cultural a prol do desenvolvemento social e de progreso de Galicia dende a outra beira do Atlántico”.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

É curioso.
Que relación ten María Faraldo coa educación?
Que pasa co PP de Betanzos? Por que non dimitiu como cabeza de lista?
Quen será o vindeiro cabeza de lista en Beteanzos? Temos poucas opcións: o representante náutico do pijerío Lacost, o xove veterano algo queimado, o bancario que non quere, ...?
De tanto querer ser a primeira (sen que ninguén lle fixera sombra nin lle alentara na caluga) agora non hai un segundo, e por ter esa primeira non temos a alcaldía de Betanzos, ...

Anónimo dijo...

Que poco conoces o partido en Betanzos, hay un terceiro xoven dinamico e ademais hay mulleres tamen no partido, o que non sabe e como o que non ve, por certo esta primeira pasou os votos en Betanzos de un porcenraxe do trinta e pico a o cuarenta e moitos, ven polo partido que cho contamos.

Anónimo dijo...

Ao sucesor natural estan a queimalo porque no fondo a primeira tenlle medo, porque controla intelectualmente mais ca ella. O que e estrano e que haxa cartos para o colexio e non haxa mocion de censura. Que estara contando en Corunna ou en Santiago? Que andara argallando? Por certo, quen sera o terceiro?

Anónimo dijo...

O xove dinámico é o citado de pijerio Lacost; non falemos dos Santos nin dos fillos de Coirós, nen das santísimas; quen quedaq? imos ter que ir de paseo polo malecón.
Eu vou deixar de ser afiliado para que os meus cartos non axuden a encher sobres de sobresoldos: a mín o que gaño chégame o xustiño e non me parece lícito nin moral contribuír con sobresoldos desa mandanga.
Adeus.

Anónimo dijo...

Váyanse preparando alla a donde quiera que la coloquen despues de apartarla de Betanzos. Tanta gloria lleve como paz nos deja en este desierto que creó.Ya sin la buena María, quizá, en dos legislaturas podemos aspirar a gobernar.

Anónimo dijo...


Esperemos que la ejecutiva provincial tome cartas en Betanzos, pues María faraldo no debe ser candidata, sus mentiras y sus rencores no benefician al pp de Betanzos.

Anónimo dijo...

Non teria que dimitir aol estares imputada ? Sería o mellor para o PP de Betanzos, ainda que ela non o crea.