lunes, mayo 27, 2013

INCREMENTO NA PRESENZA DA REDE

O PP de Monforte aproveitou a celebración do Congreso Local para dar conta de tres novas ferramentas de comunicación coas que pretenden estar máis preto dos cidadáns. Desde este mesmo sábado e tras a inauguración por parte de Julia Rodríguez o PP de Monforte contará cunha nova Web (www.ppdemonforte.com) a través da que dar conta de todas as súas iniciativas e de cara a tender unha ponte con todos os veciños e veciñas cos que agardan estar “en permanente contacto”. A maior presenza dos populares na rede complétase cos perfiles nas redes sociais Facebook e Twitter a través do nome PP de Monforte. Julia Rodríguez lanzou unha mensaxe de benvida a todos os navegantes aos que convidou a empregar estas novas canles de comunicación co partido de cara a ofrecer as súas opinións, queixas ou suxestións.

No hay comentarios: