jueves, mayo 23, 2013

EXEMPLO SOLIDARIO DO PP DE SALCEDA

O PP de Salceda de Caselas, Pontevedra, cumpre co prometido e destina o 10% do soldo dos seus seis concelleiros a mercar víveres que irán destinados ao Banco de Alimentos de Salceda. Cando en agosto do pasado ano se aprobara o orzamento municipal os populares nas súas alegacións propoñían unha redución dos salarios do alcalde e dos seus concelleiros do equipo de Goberno, así como tamén das asistencias a plenos e comisións no caso dos edís do PP. A alegación foi rexeitada polo bipartito gobernante pero o PP continuou coa sua promesa de reducir o 10% do que perciben, así, en todo o ano 2012 esa porcentaxe supuxo un total de 875 euros. O PP lamenta que os membros do Bipartito non sigan o exemplo, a diferencia do alcalde e dos seus concelleiros o PP si cumpre co prometido, mentres eles fan todo o contrario, presumen e anuncian que renunciarían á súa paga de Nadal en solidariedade cos funcionarios e, a día de hoxe, non consta en ningures que así o fixesen, cobrándoa integramente. Como dende o Concello pagóuselle a totalidade dos cartos aos concelleiros do PP, facendo caso omiso da sua proposta de redución do 10%, eles deciden agora destinar esa cantidade de 875 euros a unha boa causa en beneficio de moitas familias do municipio que actualmente están atravesando momentos difíciles; así, con eses cartos mercarán diversos tipos de víveres para doalos ao Banco de Alimentos de Salceda.

No hay comentarios: