lunes, mayo 13, 2013

ELENA CANDIA MANTEN PRESIDENCIA DO PP DE MONDOÑEDO

Os afiliados do PP de Mondoñedo manteñen a Elena Candia como presidenta. Durante o congreso, Elena Candia contou coa presenza de Jose Manuel Barreiro, de Jose Manuel Balseiro, e dos deputados nacionais Olga Iglesias e Joaquín García Díez, do senador Dámaso López, do deputado autonómico Vidal Martínez-Sierra, do subdelegado do Goberno, Ramón Carballo e dos deputados provinciais, Jose Pardo, Jesús Novo e Jose Manuel Gómez Puente. No comité que preside Elena Candia, figuran os nomes dos concelleiros do PP na localidade: Ramón García Geada, José Otero Rejes, Aida Basanta Basanta e Mª Teresa Freire Sánchez. Tamén o completan Manuel Otero Legide, Jesus Meilán García, Mª Ángeles Rodríguez Rico, Juan Alfonso Cancela Castro, Guillermo Redondas Vallejo, Miguel Ángel González Veiga e Amador Ángel Guerra Ramil. No seu grupo de traballo, a presidenta dos populares reflexa a importancia de tres áreas como son industria e turismo, á fronte da que se atopa Manuel Tapia Rivera; en Deporte, Ramiro Chao Rego; e en xuventude, co mozo Marcos Muruais García, á cabeza. De igual maneira, Elena Candia nomeu representantes do PP nas parroquias mindonienses, que servirán de contacto entre o partido e o rural co obxecto de ser coñecedores das demandas dos veciños das aldeas. Así, están Daniel Paz Outumuru, en Masma, Coubeira e Viloalle; Gervasia Cabana Eiras, nos Remedios; e Ramón Díaz Barreira; e en Lindín-Argomoso. Mentres que en Santa María Maior estará Irma Iglesias Pérez; en Oirán, Luís Otero Pena; en parroquia Santiago, Arturo Pumariño González; en Sasdónigas; en Figueiras, Sonia Fernández Cillero; San Vicente, María Amparo Anello Gil e en Vilamor, Sonia Lorigados Nogueira.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cuales son los meritos? Curriculum profesional? Familia y amiga de quien?