miércoles, mayo 08, 2013

DEBEDA E GRATITUDE COA XESTORA DO PP DE FOZ

Jose Manuel Barreiro recoñeceu o papel desenvolvido nos últimos anos polos integrantes da xestora do PP de Foz, “un grupo de persoas que foron quen de revitalizar o partido a nivel local e crear un equipo gañador, ata o punto de facer realidade o gran reto de recuperar a alcaldía”, hoxe en mans do popular Javier Castiñeira. Barreiro sinalou e puxo en valor a dedicación de cada unha das persoas que integran a xestora local, e a conformación dun equipo sólido e unido que desde o primeiro día loitou polos intereses dos seus veciños e por facer realidade moitos proxectos en beneficio do municipio. Foi no ano 2009 cando a dirección provincial nomeaba unha xestora, composta por 25 persoas que asumiron as rendas do PP de Foz. Segundo Barreiro, fronte a todos eles os populares da provincia teñen unha débeda de gratitude e quixo personalizar o seu agradecemento tamén no actual presidente local, Ramón Fernández, de quen salientou o seu compromiso político e traballo incansable e sinalou que lle honraba o seu comportamento e exemplo de xenerosidade, tras a súa decisión de non optar á reeleción. En concreto, Ramón Fernández dará paso ao actual alcalde, Jorge Castiñeira, que será o encargado de tomar as rendas da formación local como novo presidente electo dos populares de Foz. Un traspaso de responsabilidades que terá lugar no Congreso que se celebrará o vindeiro venres 10 de maio. Cederá así a testemuña ao actual rexedor e á persoa que encabezou a candidatura que obtivo maior respaldo electoral entre os veciños deste concello.

No hay comentarios: